Caché generada y soportada por Blogs Teoriza al servicio de la Blogosfera. (+herramientas)
Página cacheada: http://www.diariodeferrol.com/hoy/ferrol/ferrol23.html (autor original).
Fecha exacta captura: 2009-10-28 22:02:45 (GMT/UTC).
Ferrol
Miércoles
28 de Octubre de 2009
PAPAGRELO MOSTEIRO DE MONFERO
Os Papaqueixos xúntanse de novo para celebrar os dez anos do seu disco
Os Papaqueixos, nas súas orixes REPORTAXE DE M.J. RICO
Os Papaqueixos foron parte importante do movemento bravú, dunha reivindicación sen complexos da tradición musical galega misturada con todo tipo de correntes e estilos. A lóxica aplastante do comité de propaganda, o disco que sacaron en 1999, é unha mostra de retranca, humor, ganas de festa, experimentación e tamén seriedade e bo facer. Nel inclúense algúns clásicos que, como o célebre Teknotrafikante [farloppo ma non troppo], seguen a animar as festas. Unha década despois, o que facían estes rapaces pola volta do fin de século sona actual e a súa aposta pola mestizaxe cultural, a camiño entre Gwendal e Mano Negra, resultou premonitoria.
Os Papaqueixos formouse no ano 1993 e debutamos nun concerto antimilitarista o 1 de abril de 1994, na Facultade de Veterinaria de Lugo, lembra Antón Díaz, o baixista. É un grupo cen por cen coruñento. E bravú. Bravú, douscentos por cento, engade. A súa última actuación foi o 14 de abril de 2001 en Melide, compartindo cartel con Obús.
Nós combinamos unha ignorancia supina, musicalmente falando, a carencia total de estudos e de rigor, co feito de que eramos novos e rabudos. Iso deunos unha grande vantaxe respecto a outros grupos: a carencia absoluta de escrúpulos á hora de misturar estilos, ideas, influencias. Outro factor moi importante era o amor á música galega. A base que temos é de música de raíz, o non esquecer o noso folclore e saber proxectalo cara a adiante, di Antón.
A asociación O Abordelo, responsable do Grelo Folc, escoitou de novo o disco dos Papaqueixos e deuse conta de que se cumpría unha década. Metéronme o gusa-nillo e comecei a chamar ós compañeiros. Se os Sex Pistols se xuntaron despois de tanto tempo, e os Police, tamén nos podemos xuntar nós, qué pasa!, ri o baixista do grupo. Iso si, a do sábado será a única oportunidade de velos de novo en directo.
A Monfero chegan membros da formación de distintas épocas -aínda que non puideron localizalos a todos- e tamén varios grupos nos que tocan agora os papaqueixos que lle seguen dando á música. Por iso o repertorio tentará ser representativo das súas distintas fases.
A festa comezará despois de xantar, coa charanga Os Veraneantes percorrendo as tabernas de Monfero. De volta ó mosteiro, ás nove, abrirá o concerto a Banda Potemkin, á quen seguirán Os 3 Trebóns, Cuchufellos, Os Papaqueixos e Ulträqäns. A entrada é libre. Habilítase unha zona de acampada e carpa. Presentará Isabel Risco.
Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |