Caché generada y soportada por Blogs Teoriza al servicio de la Blogosfera. (+herramientas)
Página cacheada: http://www.diariodeferrol.com/hoy/comarcas/comarca05.html (autor original).
Fecha exacta captura: 2009-07-23 12:00:18 (GMT/UTC).
Comarcas
Jueves
23 de Julio de 2009
Alertan do retroceso no uso do idioma logo de que unha nena fora insultada
REDACCIÓN > FERROL
O Bloque Nacionalista Galego de Fene alerta do que entenden que é un retroceso no uso do idioma, que xurde como resultado das políticas xenófobas co galego impulsadas polo novo goberno do PP, que están dando os seus froitos. Segundo explican desde a formación frontista estase producindo un proceso de involución no uso do idioma, algo que explica, segundo din, o acontecido a unha rapaza de Fene no campamento de verán organizado polo Concello, que foi increpada e insultada durante tres días por falar en galego, transformando en sofrimento o que deberían ser días de lecer e aprendizaxe, explican.
Os nacionalistas pensan que esta situación vén provocada polas directrices lingüísticas do PP, a segregación e a eliminación do galego de todos os espazos nos que teñen competencia ata conseguir o divorcio social e a anulación do noso idioma, segundo denuncian.
Asemade, desde o BNG de Fene lamentan que desde a dirección ou organización do campamento de verán non se tomara ninguna medida de protección e educación dos rapaces no marco da tolerancia e do respeto, xerándose unha situación de indefensión sen precedentes, din.
Pola súa banda, o voceiro nacionalista no Concello fenés, Manuel Polo, manifestou que proporá a elección de campamentos onde a tolerancia, o respecto, a educación en valores e a normalización do idioma sexan sinais que definan a calidade das actividades.
Neste verán a Concellería de Mocidade e Deporte do Concello de Fene concertou o campamento de verán coa granxa escola El Kiriko, da localidade pontevedresa de Fornelos de Montes que, segundo lembran os nacionalistas, xa fora noticia o ano pasado pola orde da dirección do centro de prohibir ao monitorado o uso do galego nas súas actividades, din desde o BNG fenés.
Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Sucesos | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |